Imagen de Gerd Altmann en Pixabay.

Partindo da túa axenda inversa, deberás realizar un horario personalizado para 7 días tendo en conta as seguintes condicións:

  1. Respectarás as horas de soño (mínimo 8 horas diarias).
  2. Incluirás un tempo razoable para os labores de alimentación e aseo persoal.
  3. Ten que haber tempo de traballo para realizar as tarefas do instituto.
  4. Tes que ter tempo todos os días para divertirte, relaxarte e relacionarte con outras persoas.
  5. Tes que ter un día libre á semana no que non debas facer nada de traballo.
  6. Os teus tempos de lecer deben ser diversificados ao longo da semana con lecer individual e lecer con outras persoas.

Último prazo de entrega: semana do 12 de outubro na clase de ITI. O alumnado de 1 ESO B deixará a súa entrega na mesa da profesora e eu pasarei o mércores 13 a recollelo.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA