Estela do código de Hammurabi exposta no Museo do Louvre.

HISTORIA – PROBA 3

FICHA DE PREPARACIÓN DAS GRANDES CIVILIZACIÓNS FLUVIAIS E MESOPOTAMIA

  1. A que nos referimos coa expresión “civilizacións fluviais”? Por que reciben este nome? Cales foron?
  2. Debuxa un mapa onde se vexan as grandes civilizacións e os ríos ao redor dos cales naceron.
  3. Debuxa un mapa onde se vexan os mares que rodeaban o imperio de Mesopotamia e os diferentes pobos que ocupaban ese territorio.
  4. Debuxa unha liña do tempo onde se vexan as diferentes etapas da civilización mesopotámica.
  5. Debuxa un mapa onde se vexan que estados ocupan hoxe a zona onde se desenvolveu a civilización mesopotámica.
  6. Ordena as etapas da Historia de Mesopotamia e sinala un elemento cultural ou feito importante de cada unha delas.
  7. Cal é a característica política máis importante na época dos sumerios? A creación das Cidades Estado.
  8. A que nos referimos coa expresión “Cidades Estado”? Que forma de goberno existiu nelas por primeira vez?
  9. Cal é a diferenza entre un estado e un imperio.
  10. Que era un patesi? Cales eran as súas funcións?
  11. Que dous momentos diferentes podemos establecer na política das cidades estado?
  12. Explica cales eran as actividades económicas en Mesopotamia.
  13. Debuxa a pirámide social dos grupos sociais en Mesopotamia.
  14. A sociedade en Mesopotamia.
  15. Todas as persoas tiñan os mesmos dereitos en Mesopotamia? Razoa a túa resposta.
  16. Por que podemos afirmar que unha parte importante das mulleres en Mesopotamia eran dobremente escravas?
  17. Que é o código de Hammurabi? Porque é tan importante? Quen foi o responsable da súa realización? Onde se conserva?
  18. Como era a relixión mesopotámica?
  19. Que sabemos da indumentaria desta civilización? Como chegou a nós esta información? É unha información parcial ou completa? Xustifica a túa resposta.
  20. Explica todo o que saibas sobre a escritura cuneiforme.
  21. A arquitectura mesopotámica (materiais, inventos e principais tipos de construcións).
  22. Debuxa un cigurat, un arco e unha bóveda de medio canón.
  23. Que tres técnicas empregaban en Mesopotamia para decorar as paredes dos edificios?
  24. A escultura en Mesopotamia.
  25. Indica 5 razóns polas que poidamos considerar Mesopotamia “berce da civilización”.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA