O obxectivo desta tarefa é que realices unha publicación no teu blog sobre a palabra do ano.

Sigue as instrucións.

10.1. Onde e cando comezou a tradición da palabra do ano? Quen a comezou?

10.2. Dende cando temos Palabra do Ano en galego? Indica as palabras do ano que houbo ata agora co ano correspondente. Cales foron as palabras finalistas de 2020? Cal cres que será a palabra do ano 2020?

10.3 Indica tres idiomas nos que exista a palabra do ano.

10.4. Sinala a palabra do ano nos últimos 5 anos en tres linguas diferentes.

10.5. Decidir a palabra que identifica o ano que remata é volver a pensar nel e revivilo. Volve a pensar no ano 2020 e pensa en dúas palabras que o definan. Logo escribe as túas dúas palabras do ano na túa publicación e explica a que se debe a túa elección en cada un dos dous casos.

10.6. Non publiques a túa entrada directamente, programa a túa publicación para o 7 de xaneiro de 2021 ás 22:00 horas.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA