Comeza esta tarefa lendo estas dúas infografías sobre licenzas Creative Commons.

Infografía tirada de Geeksroom.
Infografía obtida en Homo-Empresarius.

Agora realiza as seguintes actividades no teu caderno.

  1. Que é o copyright?
  2. Que é o copyleft?
  3. Que é a atribución (BY)? Cal é o seu símbolo?
  4. Que é compartir igual? Cal é o seu símbolo?
  5. Que significa non uso comercial? Cal é o seu símbolo?
  6. Que significa non obras derivadas? Cal é o seu símbolo?
  7. Unha escritora pode ter un libro cunha licenza CC que non permite usos comerciais e ao mesmo tempo asinar un contrato cunha editorial concreta para a súa distribución? Xustifica a túa resposta.
  8. Que licenza teño que escoller se non quero que ninguén utilice os meus materiais?
  9. Que licenza necesito se quero que o meu traballo sexa recoñecido?
  10. De todos os tipos de licenza. Cal che gustaría ter no teu blog?
  11. Indica o significado das seguintes licenzas:

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA