Actividades sobre as gráficas de contido sociolingüístico da noticia O devalo do galego publicada en praza.gal o 18 de outubro de 2024.
*Este material é susceptible de ser utilizado tanto en aulas de secundaria como de bacharelato dependendo do grao de afondamento que se procure nas análises e nas argumentacións destas. O enfoque foi traballar a análise sociolingüística da realidade actual a través do desenvolvemento da competencia matemática.
Lémbrase que as respostas non poden ser unha palabra, senón que teñen que ir convenientemente redactadas.
1ª Gráfica – Lingua na que os nenos e nenas de 5 a 14 anos aprenderon a falar
1. Cantas enquisas se recollen nesta gráfica?
2. Cales son as cifras de lingua inicial en 2003 segundo esta gráfica? Redacta un parágrafo no que expliques a situación da lingua inicial en Galicia segundo a enquisa de 2003.
3. Cal é a opción que máis medrou nestes vinte anos?
4. Un dato desta enquisa provocou unha conmoción en Galicia ata o punto de que o goberno galego afirma ter vontade de modificar a súa política lingüística e esta pasada fin de semana milleiros de galegos se manifestaron en Santiago a favor do galego. Cal é ese dato? Por que cres que está a ter tal impacto?
5. Onde se publicou esta gráfica?
6. Quen realizou esta gráfica?
7. Que é o IGE? Que función ten?
8. En que ano destas enquisas se falaba máis galego en Galicia? Que porcentaxe de persoas falaban galego en Galicia segundo a enquisa dese ano?
9. Que é Flourish? Por que aparece aí?
10. Explica coas túas palabras por que podemos dicir que estamos ante unha gráfica?
2ª Gráfica – Lingua na que aprendeu a falar o conxunto da poboación galega
1. Segundo esta gráfica, neste momento cal é a lingua na que aprendeu a falar máis xente en Galicia? Que porcentaxe da poboación supón?
2. Segundo a enquisa de 2018 que porcentaxe da poboación aprendeu a falar en galego noutro comunidade autónoma? E que porcentaxe aprendeu a falar en galego noutro país? Como se poden explicar estes dous datos?
3. En que provincia hai maior porcentaxe de persoas que aprenderon a falar só en castelán? En cal hai maior porcentaxe de persoas que aprenderon a falar nas dúas linguas? E en cal hai maior porcentaxe de aprendizaxe inicial en galego?
4. Nunha cidade en que lingua é máis probable que aprendese a falar unha persoa?
5. Que tipo de relación existe entre o tamaño do concello e a presenza do galego como lingua inicial?
Gráfica 3 – Lingua na que avoas/avós e nais/pais lles falaban ás nenas e nenos de 5 a 14 anos cando eran pequenas/os. (feito para o día 28)
1. En que proporción se reduciu en vinte anos o número de nais e pais que lles falan en galego sempre ás nenas e nenos? En que proporción se reduciu no mesmo período o número de avoas e avos que lles falaban en galego sempre ás nenas e nenos? Segundo isto, que pasará en 2033?
Gráfica 4 – Lingua na que a infancia/mocidade fala coa súa familia
1. Con que membro ou membros da familia falan nenos e mozos máis en galego?
2. Con que membro ou membros da familia falan máis en castelán?
3. Como evolucionou entre 2003 e 2023 o índice de galegofalantes na infancia e na mocidade?
4. De seguir esta progresión, que pasaría dentro de 20 anos?
5. Por que o índice de falantes iniciais é un síntoma da vitalidade dunha lingua?
Gráfica 5 – Lingua na que infancia e mocidade fala coas súas amizades. Por idade
1. Escolle unha das seguintes opcións.
A proporción de infancia/mocidade que fala en galego coa familia e as súas amizades é a mesma.
A proporción de infancia/mocidade que fala en galego coa familia e as súas amizades é distinta.
2. Agora compara a porcentaxe na que a poboación de 5 a 14 anos fala coa súa familia en galego (na Gráfica 4) e a porcentaxe na que a mesma poboación fala coas súas amizades en galego (na Gráfica 5). Que conclusión tiras da lectura desas dúas porcentaxes?
Gráfica 6 – Lingua na que o alumnado fala cos seus compañeiros/as de clase
1. A proporción de persoas que fala sempre en galego en Galicia é do 24%, cal é a proporción de alumnado que fala só en galego na clase?
2. Segundo esta gráfica, quen cambia máis de lingua na clase, o alumnado galegofalante ou o alumnado castelanfalante. Xustifica a túa resposta con datos da gráfica e intenta buscarlle explicación a este fenómeno?
CONCLUSIÓN
1. Elabora un texto no que analices a realidade da lingua galega na actualidade á vista destas seis gráficas. Inclúe na túa análise:
– Datos.
– A túa interpretación dos datos.
– Unha comparación dos datos coa túa realidade persoal.
– Un prognóstico para o futuro.