“Falar” é un relato contido na obra Made in Galiza de Séchu Sende publicado por Editorial Galaxia.
1. Cales cres que poden ser as razóns dos pais de Clara para lle falaren diferente?
- Na túa casa falades todos a mesma lingua?
- E os teus avós, en que lingua falan? E os teus bisavós?
- Todos falan sempre a mesma lingua ou ás veces cambian? Cando se producen eses cambios?
- En que lingua se lles fala aos nenos na túa familia?
- Se na túa familia os maiores falan entre eles en galego e lles falan castelán aos fillos, por que cres que os maiores fan iso?
2. Segundo Clara, falar facilita moito as cousas.
- Cres que facilita igual as cousas falar en galego ca hablar en castelán? Por que?
- Exemplifica as túas argumentacións con casos concretos.
3. Clara di que “quere practicar” e que “ten medo” de que cando vaia falar por primeira vez lle saia mal.
- Cres que estes dous tipos de temores son comúns aos neofalantes?
- Que lle dirías ás persoas que afirman que non se lanzan a falar galego porque cren que o fan mal e porque teñen medo á reacción dos demais?
4. Que punto de vista adopta o narrador en primeira persoa no texto?
- Que vantaxes ofrece este punto de vista?
- Se Clara puidese decidir, que cres que decidiría?
5. As nosas ideas sobre as linguas.
- E ti que pensas das linguas? Que linguas che caen ben? Hai algunha lingua que che resulte antipática?
- É o francés é a lingua do amor? É o alemán a lingua da guerra?
- Tes algunha crenza asociada a algunha lingua?
6. As linguas que nos emocionan. Cres que podemos relacionar as linguas coas emocións? Xustifica a túa resposta.
7. Hai teóricos que dividen os falantes de galego en paleofalantes e neofalantes.
- Explica a diferenza entre unha persoa paleofalante e unha neofalante.
- Se foses ti a persoa encargada de clasificar os falantes en Galicia. Que grupos farías? Indica un nome para cada un dos grupos
8. A distribución da lingua inicial indica a vitalidade das linguas. Se os pais non lles transmiten a súa propia lingua aos fillos, o proceso de substitución está en marcha e invertelo resulta complexo. Os pais danlle prioridade á lingua que cren que facilita en maior medida o éxito social sobre a que serve de vehículo identitario e cultural do grupo. Fíxate na seguinte táboa cos últimos datos de lingua inicial en Galicia e logo contesta as preguntas, para facelo deberás visitar a páxina de praza.gal e clicar sobre as diferentes pestanas para ver como van variando os resultados.
- Con que membro ou membros da familia falan nenos e mozos máis en galego?
- Con que membro ou membros da familia falan máis en castelán?
- Como evolucionou entre 2003 e 2023 o índice de galegofalantes na infancia e na mocidade?
- De seguir esta progresión, que pasaría dentro de 20 anos?
- Por que o índice de falantes iniciais é un síntoma da vitalidade dunha lingua?
*Algunhas destas actividades foron publicadas por primeira vez na guía Lendo made in Galiza realizada por Pilar Ponte para a AELG.
*Entrada orixinal publicada o 22 de outubro de 2022, actualizada o 26 de novembro de 2024.