#AProfaRecomenda 

Viva o teatro de monicreques!
Esta Manchea de Andrea Freire con ilustracións de@uvamarga_ Lola Villar Pérez, gañadora do XVI Premio Barriga Verde 2024 na modalidade infantil, achéganos á importancia de reivindicar o que somos e o que queremos independentemente do que pensen e agarden os demais de nós.
O volume, publicado por Baía Edicións na Colección Barriga Verde é unha magnífica contribución ao noso necesitado corpus de textos teatrais para a infancia e as aulas. 💙💙💙

Pareceume moi interesante todo o desenvolvemento de Man desde que perde o traxe ata o final da obra aproveitando moitas posibilidades da man.

SEN COMENTARIOS