Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.

Que é unha axenda? Libro ou caderno onde se apuntan cousas de interese como aquilo que se ten que facer, enderezos, números de teléfono etc., e que inclúe tamén informacións útiles. Dicionario da RAG

Que é unha axenda inversa? É un sistema de organización persoal que se basea nun estudo da nosa realidade previa e das nosas nosas prioridades individuais e que se desenvolve a través de 4 fases.

Fases de desenvolvemento da axenda inversa:

1ª fase – Recollida sistemática de datos.

2ª fase – Tomamos conciencia de como é a nosa realidade persoal (canto tempo dedicamos a cada tipo de actividade ao longo da semana) mediante a análise dos datos recollidos na primeira fase.

3ª fase – Establecemos os nosos obxectivos para o período de tempo que desexemos organizar (no noso caso, o presente curso escolar).

4ª fase – Deseñamos o noso planificador semanal de acordo aos nosos obxectivos establecidos na 3ª fase seguindo unha serie de regras.

1ª FASERecollida sistemática dos datos dos teus hábitos

Cando: do 29 de setembro ao 5 de outubro.

Como: o máis importante será a túa rigorosidade no rexistro das túas diferentes actividades. Todos os días, ao final da xornada, deberás completar os datos referidos a ese día.

Onde: deberás usar unha táboa como a seguinte que terás que conseguir ao longo desta semana (podes comprala na conserxería do instituto).

Para o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe ofrécese a seguinte táboa de recollida de datos.

Data de entrega: 6 de outubro.

*Deberás traer a axenda inversa todos os días da semana que vén á clase e poderáseche pedir para comprobar que a estás cubrindo día a día.

SEN COMENTARIOS