Diferenciamos dous grandes tipos dentro dos carteis:
Carteis informativos – Dan a coñecer algo para que a xente acuda, aquira ou participe:
– mercando algo (cartel de Mel de Galicia),
– asistindo a un evento (cartel do Entroido de Laza)…
Carteis formativos – Educan, ben sexa transmitindo coñecemento ou un cambio de actitudes e valores:
– transmitindo coñecemento (cartel abecedario de animais),
– modificando a nosa conduta (cartel para que leamos)…
Os carteis formativos son os idóneos nas campañas para concienciar as persoas dos problemas sociais como ocorre coa violencia de xénero.