Un recurso moi utilizado na creación de carteis é a recreación de obras artísticas previas dándolles unha nova significación.
– Carteis baseados na obra O matrimonio Arnolfini de Van Eyck.
– Cartel baseado na obra O cuarto de Van Gogh.
– Cartel baseado no cadro Moza na ventá de Dalí.
– Cartel baseado na Venus do espello de Velázquez.
– Cartel baseado no cadro As señoritas de Avignon de Picasso.
– Cartel baseado no cadro de Velázquez As Meninas.
Mais non sempre o cartel ten por que reproducir toda a obra, senón que ás veces pode simplemente tomar dela algún elemento. Isto é o que acontece no seguinte cartel que incorpora na súa confección unha das figuras do Guernika de Picasso, máxima representación dos desastres da guerra dentro do mundo pictórico.