
A xeración de autores seguinte á Xeración das Irmandades e do Grupo Nós recibe varios nomes:
Xeración de 1925
– Novecentistas – Xeración das Vangardas* Características comúns aos membros da xeración
1. A maioría nacen ao redor do ano 1900.
2. Promoveron a creación do Seminario de Estudos Galegos.
3. Tiveron un papel decisivo na formación do Partido Galeguista.
4. Algúns morreron moi novos e os superviventes estiveron marcados polo drama da Guerra Civil.
5. Incorporaron á literatura galega as vangardas literarias europeas, mais non todos poden ser considerados vangardistas.
* Características dos vangardistas galegos
1. Teñen unha traxectoria semellante á dos vangardistas españois (empresas editoriais breves, revistas de “combate”…).
2. Revélanse contra un pasado cultural mais non se libertan completamente del.
3. En canto á utilización do idioma parten dunha postura de sincretismo.
5. Non é doado situar os autores nun ou noutro movemento de vangarda porque a maioría deles se poderían inscribir en varias liñas de –ismos á vez.
6. As relacións co grupo Nós foron estreitas e a figura de Risco exerceu sobre eles unha notable influencia.