No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira, 1933.
* Le este poema neotrobadorista de Álvaro Cunqueiro, se queres, podes ir a Son de poetas e escoitar como o musicaron Luís Emilio Batallán e Amancio Prada.
* Cal é o tema da composición?
* Quen é a voz poética? Esta voz poética é a mesma que nas cantigas de amigo medievais?
* Que recursos estilísticos che permiten asegurar que se trata dunha composición neotrobadoresca?