Nace en 1909 cando o italiano Marinetti publica o seu Manifesto futurista onde fai unha furibunda oposición á poesía e á moral tradicionais.
O futurismo exalta a civiliación mecánica, a electricidade, a velocidade, a guerra e a cidade.
Dicía Marinetti: “un automóbil ruxinte que parece correr sobre a metralla, é máis belo que a Vitoria de Samotracia”.
Os poetas futuristas dinamizaron a linguaxe e para conseguir unha maior rapidez verbal suprimiron o uso dos adxectivos, dos adverbios e da puntuación. Nas súas formulacións máis radicais chegaron a procurar a supresión do significado en textos construídos mediante onomatopeas ou combinacións arbitrarias de fonemas.
Entre os seus principais representantes podemos citar a Marinetti, Almada Negreiros ou Álvaro de Campos.
Como exemplo deste tipo de literatura podes ler o seguinte poema de Pessoa.