Elabora un mapa conceptual onde recollas os contidos básicos traballados ao longo da unidade, ten en conta os seguintes aspectos:
– O contido: nun mapa conceptual relacionamos ideas, non as explicamos.
– A selección: antes da elaborares o mapa cómpre que elixas os termos nos que se debe centrar a atención.
– A xerarquización: tes que ordenar os conceptos por orde de importancia ou inclusividade xa que deben estar dispostos indo do xeral ao particular.
– O impacto visual: unha vez que xa sabes o que queres que apareza e en que orde debes pensar na forma de representalo da forma máis simple e asemade atractiva.
– A presentación: agora xa estás en condicións de comezar coa elaboración definitiva do teu mapa, non esquezas que a orde e a limpeza son requisitos indispensables en calquera traballo académico.