En 1924 André Bretón publica o Manifesto surrealista que considera a arte como unha vía de coñecemento para acceder á interioridade humana.
Ideoloxicamente os seus autores son afíns ao marxismo e ás teorías da psicanálise de Freud.
Este movemento utiliza a escritura irreflexiva e automática porque lle permite ao subconsciente
Achegas do Surrealismo:
– A escrita automática e irreflexiva porque lle permite ao subconsciente expresarse con liberdade abríndolle o paso ás vivencias oníricas. Trátase de reflectir o funcionamento real do pensamento sen ningún tipo de control intermedio por parte da razón.
– A utilización dos soños, alucinacións e delirios como material literario.
– A tentativa de reconciliación de opostos que dá lugar á mestura de xéneros, á creación de obxectos absurdos, etc.
Este -ismo dentro das vangardas galegas ten en Álvaro Cunqueiro o seu máximo representante co seu libro Poemas do si e do non (1933), escrito baixo o influxo de Paul Éluard. Pero o seu é un surrealismo sentimental que deixa de lado o automatismo poético e a carga dramática que caracteriza moitos textos surrealistas.
Le agora o Noivado I de Cunqueiro como mostra da súa poesía surrealista.