[Carlos Maside: Muller de camiño, 1934]

Sinalamos dúas tendencias de vangarda na poesía galega cos seus principais representantes:

* A vangarda plena – Con dúas propostas novidosas:
– Unha relacionada co Creacionismo (Manuel Antonio).
– E outra relacionada co Surrealismo (Cunqueiro).

* A vangarda matizada – Entronca coa tradición a través de dúas correntes:
– O Neotrobadorismo (Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro).
– O Hilozoísmo ou Imaxinismo (Amado Carballo).

Convén lembrar que ao carón destas direccións temos que situar o Neovirxilianismo que non está considerada por moitos como unha corrente vangardista.

Tamén debemos sinalar que a liña de esteticismo representada por Luís Pimentel non se recolle aquí porque adoita estudarse coa poesía de posguerra.

A partir de agora estudaremos as especificidades de cada unha delas. Sigue os enlaces:

Creacionismo

Surrealismo

Hilozoísmo

Neotrobadorismo

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA