Vangardas é o termo co que denominamos un movemento de renovación estética que vai revolucionar todos os aspectos da arte e que se produce nas primeiras décadas do século XX, desde 1910 ata 1930.
Características das vangardas:
– Busca da arte pura. A reivindicación da materia artística como algo autónomo, sen conexión co mundo real. Ata daquela entendíase que a beleza consistía en imitar a realidade. Agora concíbese cada poeta como un creador singular e único dunha nova realidade e non como imitador dunha realidade preexistente allea á obra artística. Os vangardistas rompen coa tradición literaria pero tamén recollen dela elementos do Romanticismo como o individualismo e a idea da arte pola arte.
– Percepción estrictamente intelectual da realidade.
– Antisentimentalismo. A actitude antisentimental da obra de arte que vai ser produto da intelixencia, do rigor e do cálculo. Abandónanse os temas tradicionais de carácter trascendental –vida, morte, amor, paixóns…- ou trivialízanse.
– Deshumanización.
– Valoración do irracional.
– Intrascendencia. A arte non debe ir máis alá da propia arte, non debe ter unha finalidade diferente da de existir por si mesma.
– Uso poético do cotián.
– Total liberdade creativa.
– Hermetismo. O poeta abandona os seus atributos de bardo para se converter nun obreiro cualificado da palabra.
– Afán de orixinalidade.
– Renovación da linguaxe. A innovación da linguaxe figurada. A sintaxe e as imaxes libéranse de toda forma e fanse irracionais e, en ocasións, mesmo absurdas para permitir a ruptura coa relación entre a realidade e o poema. A metáfora vertebra o discurso poético. Tamén se prescinde do metro e da rima que son substituídos polo verso libre.
Os vangardistas publicaron manifestos para lle dar a coñecer ao resto da sociedade os seus fundamentos teóricos.
Este gran movemento de renovación vaise concretar en diferentes propostas que reciben o nome de –ismos: