Como actividade de ampliación propoñémosche un exercicio de lectura e análise comparativa. Ofrecémosche seis textos que teñen como temática coincidente o espazo da “taberna mariñeira”.
- Na taberna (1913) de Ramón Cabanillas
- O vello Moreno (1926) de Rafael Dieste
- Taberna (1927) de Amado Carballo
- Navy bar (1928) de Manuel Antonio
- O gato da tasca mariñeira (1966) de Bernardino Graña
* Despois da súa lectura, elabora unha disertación sobre as diferentes visións (coincidencias e diverxencias) dese espazo ata agora tan presente nas localidades costeiras.
* Unha vez teñas o texto envíalles unha copia por correo electrónico a cada membro da clase incluído o profesor ou profesora. Cando xa todos os integrantes do grupo teñan lidas as disertacións farase unha posta en común nun faladoiro literario (libro-fórum) na aula.
* Tamén se poden empregar estes textos como base para a elaboración en grupo con técnicas vangardistas dunha curtametraxe que teña como título “No bar do porto”.