“- O que eu coma ou deixe de comer é cousa miña, camareira do carallo. Atendo ao teu. A puta sacarina, dixen!
É a primeira vez en todos estes anos que o agradable, simpático e mesmo tenro Adolfo ergue a voz. Todos os clientes contémplano estupefactos. Non hai o mínimo viso de arrepentimento. […] Tranquilo, como se estivese afeito a berralo todos os días. Como quen pela unha mazá dunha tirada ata espir o corazón. Adolfo non saca ollo das mans grosas da camareira. E aí, xusto aí, nese movemento seguro das mans, adiviña que ela acaba de descubrir o seu segredo. O seu terrible segredo. […]
– Veña, Patricia, tráeme un sobre de sacarina e non me fagas rabiar. Case pareces a miña muller.
A camareira óllao despiadadamente e demóstralle, por se o movemento de mans non fose suficiente, que sabe o seu segredo. O seu terrible segredo.”
(páxs. 15-16)
- Cal cres que é o terrible segredo de Adolfo que Patricia vén de descubrir?