Para rematar suxerímosche cinco actividades de recreación.
140. Ponlle imaxes e voz á novela. (realización tanto individual como grupal)
Propoñémosvos que elixades unha das historias da novela e lle poñades imaxes coa aplicación Vuvox. Podedes incluír na presentación fragmentos de texto e tamén incluír vínculos a materiais asociados que vos suxira a historia.
Agora podedes convertervos en contadores de historias do século XXI e a semellanza de como se facía noutrora nos cantares de cego, iredes contando a vosa historia ao tempo que ides amosándolles aos demais as imaxes, sons e vídeos escolleitos.
Logo podedes colgar as vosas producións na rede.
141. Métete a narrar. (realización individual)
Fotografía da Wikimedia.
Anúnciase a publicación de Ás de bolboreta II e ti es a persoa responsable de escribir esa segunda parte.
Que pasa no teu libro?
Como continúas a historia?
Prepara o teu argumento para expoñelo oralmente durante dous minutos. Houbo algunha coincidencia entre os argumentos que propuxestes todos ou as vosas continuacións da historia son diferentes?
142. Metédevos a facer guións. (realización en parellas)
Unha multinacional do sector dos videoxogos anda á procura guionistas para os xogos do seu novo modelo de videoconsola. Como teñen milleiros de candidatos e candidatas decidiron realizar un proceso de selección creativo. Van contratar as autoras e autores que sexan quen de escribir o mellor capítulo piloto dunha nova aventura. Os requisitos colgados en inglés na súa páxina web son os seguintes:
1 – Entrega do primeiro capítulo dunha nova serie, o material debe ser inédito.
2 – Argumento base: un ou unha adolescente está nun lugar público rodeado de xente e comeza a imaxinar a historia persoal de cada unha das persoas que alí se atopan.
3 – Nese capítulo deben aparecer como mínimo catro personaxes de diferentes características.
4 – Extensión mínima 3000 caracteres contando os espazos.

E se nos metemos a cineastas? Agora en grupo podemos realizar unha curtametraxe baseada na novela. Tedes que elixir entre dúas opcións:
Opción A: A vosa curta vai estar dedicada só ás personaxes que protagonizan unha das historias da novela.
Opción B: A vosa curta vai abranguer só un momento desa mañá no Luzada e por ela vai pasar o maior número de personaxes posible.