1ª Fase
Marcade un día lectivo para a realización da seguinte actividade de observación. Ese día chegaredes ao instituto cinco minutos antes de que abra a cafetaría e tomaredes nota do que vexades, faredes o mesmo en cada un dos dous recreos.
2ª Fase
Na aula contrastaredes os datos da vosa observación e probablemente comprobaredes que difiren porque entrou en xogo a subxectividade.
3ª Fase
De xeito individual, xa na vosa casa, inventaredes un texto realista partindo dos datos da vosa observación.
4ª Fase
Cada persoa lerá na aula en alto o seu texto.
5ª Fase
Entre todo o alumnado escolleranse os tres mellores textos, para realizar a escolla non poderedes dar argumentos do tipo “gústame” ou “non me gusta”, deberán ser argumentos que teñan en conta as características específicas do texto literario.
6ª Fase
Darédeslles a mellor difusión posible aos textos gañadores a través de webs, blogs, redes sociais, etc. para que outras persoas tamén poidan gozar deles.