Fotografía de Carlos Adampol en Flickr.

48. A Sra. Lola utiliza “como se fósemos cans”, a expresión “tratar como un can a alguén” significa tratar unha persoa con dureza, severidade ou desprezo. Na lingua hai moitas expresións que teñen que ver cos cans.


–       A can fraco todo se lle volven pulgas.
–       Aburrirse coma un can.
–       Can ladrador nunca foi trabador.
–       Can que vai a moitas vodas non pode comer en todas.
–       Estar sen un can.
–       Levarse coma o can e o gato.
–       Liscar/Marchar corrido coma un can.
–       Meu can pillou unha mosca.
–       Morrer coma un can.
–       Morto o can, desaparece a rabia.
–       Non importarlle un can.
–       Non soltar can.
–       Non valer un can.
–       Outro can na merenda.
–       Pasa, can!

Investigade o significado destes exemplos e logo inventade e representade situacións reais da lingua nas que se poderían utilizar.

Podedes tamén gravar as vosas representacións nun vídeo e logo compartilo co resto do mundo na internet a través da web do centro, dun blog ou simplemente nalgunha páxina de aloxamento de balde de vídeos como Vimeo, YouTube, etc.

SEN COMENTARIOS