Hoxe vía Twitter tiven constancia de ver o meu primeiro “viral”. É este:

“O concepto marketing viral, e por extensión, “viral” como produto dese tipo de marketing, é un termo empregado para referirse ás técnicas de marketing que intentan explotar redes sociais e outros medios electrónicos para producir incrementos exponenciais en “renome de marca” (Brand Awareness), mediante procesos de autorreplicación viral análogos á expansión dun virus informático. Adoita basearse no boca a boca mediante medios electrónicos; usa o efecto de “rede social” creado por Internet e os modernos servizos de telefonía móbil para chegar a unha gran cantidade de persoas rapidamente.” (Adaptado da Wikipedia).

Desde logo neste caso funciona, segundo avanza o vídeo pasas a sorrir para rematar rindo abertamente con independencia da análise da mensaxe do viral en si mesmo.

SEN COMENTARIOS

  1. Pois vas ter razón. Rinme un anaco. Iso sí, desta vez vou ir á cama sen tomar a coca-cola, que a estas horas senta mellor un vasiño de leite fresquiño (con nesquik!).
    Un bico