118. Cales cres que poden ser as razóns dos pais de Clara para lle falaren diferente? Na túa casa falades todos a mesma lingua? E os teus avós, en que lingua falan? Todos falan sempre a mesma lingua ou ás veces cambian? Cando se producen eses cambios? En que lingua se lles fala aos nenos na túa familia? Se na túa familia os maiores falan entre eles en galego e lles falan castelán aos fillos, por que cres que os maiores fan iso?
119. Segundo Clara, falar facilita moito as cousas. Cres que facilita igual as cousas falar en galego ca en castelán? Por que? Exemplifica as túas argumentacións con casos concretos.
120. Clara di que “quere practicar” e que “ten medo” de que cando vaia falar por primeira vez lle saia mal. Cres que estes dous tipos de temores son comúns aos neofalantes? Que lle dirías ás persoas que afirman que non se lanzan a falar galego porque cren que o fan mal e porque teñen medo á reacción dos demais?
121. A distribución da lingua inicial indica a vitalidade das linguas. Se os pais non lles transmiten a súa propia lingua aos fillos, o proceso de substitución está en marcha e invertelo resulta complexo. Os pais danlle prioridade á lingua que cren que facilita en maior medida o éxito social sobre a que serve de vehículo identitario e cultural do grupo. Fíxate na seguinte táboa cos últimos datos de lingua inicial en Galicia.
As columnas en verde indican os resultados do Mapa Sociolingüísitico Galego de 1992 e as columnas en laranxa os do mapa de 2004. |
Que conclusións tiras á vista destes datos?
Cres que ese anuncio por palabras pode ser real? Cres que hoxe en Galicia se pode educar a un fillo en galego e que manteña a súa lingua ao longo da súa vida? Xustifica a túa resposta.
123. Realizade unha adaptación en banda deseñada desta historia. Xa que narrativamente se adopta o punto de vista da nena, debedes tamén ter en conta isto para reflectilo na forma de enfocar a realidade nas viñetas.