Fotografía de Felipe Gabaldón en Flickr. |
141. Probablemente este texto de Séchu Sende teña a súa orixe noutro anterior, na Fábula del castellanoparlante, unha carta ao director dun xornal publicada no ano 1989. Le os dous textos:
142. Que tipo de situación lingüística describe o texto? Xustifícao con exemplos do texto.
143. O autor válese da parodia como recurso humorístico para denunciar unha situación real. En que consiste unha parodia? Enumera as dificultades que se atopa a protagonista do texto para desenvolver a súa vida en castelán. Cres que ten razón nas súas queixas? Aplica estas mesmas situacións no caso galego. Acontece o mesmo? Por que cres que o que considerariamos un despropósito para o castelán é algo maioritariamente aceptado como normal para o galego?
144. Realizade unha adaptación en podcast deste texto, tede en conta que ao se tratar dunha parodia sería interesante que salientárades especialmente as características fonéticas e as curvas de entoación para conseguir mellores efectos humorísticos.