Cinco mil entradas nun blog non é algo que se consiga así coma así, e menos nun blog de carácter educativo e en galego. Trafegando Ronseis é para min desde hai moito tempo un dos blogs de referencia e gustaríame darvos unha cantas razóns para vos facerdes seguidores dese magnífico traballo.
1 – A súa actualización é envexable sobre todo en cuestións lingüísticas e en publicacións de carácter literario.
2 – Nel atopas os mellores vídeos de animación.
3 – A súa sección de materiais sobre violencia de xénero é única.
4 – Se che gusta a publicidade non vas dar feito, teñen moita e de calidade.
5 – Citan as fontes de onde proveñen os materiais de forma que a través deles chegas a coñecer páxinas moi interesantes.
A Anxo non tiven o pracer de coñecelo pero Gracia, ademais, é unha persoa encantadora.
Parabéns para eles dous pola súa traxectoria blogueira e moitísimos ánimos para seguir trafegando en tan fermosos e indispensables ronseis.

SEN COMENTARIOS

  1. Que calor acaba de me entrar con esta xenerosidade de comentario! Moitas, moitas grazas. Por todo.
    Un bico de corazón.
    Ah! Se coñeceses a Anxo… el si que vale!!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA