Imaxe vía Lengua y literatura.

  1. Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ollos de auga de Domingo Villar. 
  2. O libro deberá estar rematado de ler na súa totalidade (luns). 
  3. Tamén deberedes traer preparada a seguinte actividade. Na aula realizaremos as gravacións dos resumos (1B o martes e 1A o mércores).

ACTIVIDADE: Resume oralmente a novela en dous minutos. 
Esta é unha actividade na que traballarás o discurso oral planificado, isto significa que antes de pronunciar o teu resumo deberás preparalo. Para isto ten en conta as seguintes recomendacións: nun papel fai un esquema previo para elixir ben o que vas dicir, fíxate en que a túa linguaxe debe ser correcta, por último practica na casa para medir ben o tempo. É importante que ensaies diante dun espello así poderás traballar tamén a túa linguaxe non verbal (posturas, acenos…), todo conta. 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA