Imaxe de orixe descoñecida.

Dentro da gamificación da nosa práctica docente resulta moi produtiva a creación de roscos de pasapalabra monotemáticos ou pluritemáticos con definicións redactadas por eles a partir das recollidas no dicionario da RAG.

Esta práctica require:
1 – A procura do léxico axeitado para a temática que esteamos a traballar.
2 – Unha práctica moi importante de desenvolvemento da lingua na recreación das definicións.
3 – Máis esforzo que outras actividades pola necesidade de completar case todas as letras do alfabeto.
4 – Traballo cooperativo na creación lingüística.

Que podemos facer con este produto?
1 – Colgalos na rede e xogar na aula ou na casa para aprender o vocabulario estudado en cada caso.
2 – Levar a cabo competicións de aula.
3 – Organizar competicións de centro.

Deixámosvos algúns enderezos de referencia para elaborardes os vosos propios roscos:

Cajón del maestro
Educar Filando
Formadores TIC 
Genmagic
Nova Bella
Obradoiro de xogos educativos – IES de Teis
Salesianos  

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA