Hoxe comezamos a nosa aventura co libro de Agustín Fernández Paz, A viaxe de Gagarin.

Vexamos o booktrailer da novela:

Este libro ademais do seu valor intrínseco, agocha un grande agasallo, o Blog Gagarin que inclúe 30 meritorias entradas elaboradas polo autor onde nos ofrece o que poderiamos denominar “A outra novela”, unha ampliación de todos os universos contidos no texto en formato bitácora nas que podes explorar e explorar ata te perderes unha e outra vez na internet da man do grande Agustín, a mellor proba de que un grande escritor leva un gran blogueiro dentro.

Manuscrito do autor que podes atopar no Blog Gagarin.

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA