En setembro haberá unha proba extraordinaria que, como tal, está enfocada a comprobar se o alumnado reúne os requisitos mínimos para superar a materia. É por isto que se incidirá nesa proba en aprendizaxes básicas vistas con dedicación durante o curso e que xa o alumnado coñece.
A continuación ofrécese unha pequena enumeración delas:
-
Acentuación (acentuar e xustificar acentuación).
-
Puntuación (utilizar de forma axeitada e variada os signos de puntuación).
-
O xénero e o número.
-
Léxico (todos os bloques de léxico do libro + corpo humano).
-
Teoría da literatura popular e esquema I da literatura medieval.
-
Realización dun esquema numerado e xerarquizado.
-
Realización dun esquema para unha redacción.
-
Teoría lingüística vista durante o curso.
Lémbrase que o alumnado que non superase a lectura dalgunha das obras obrigatorias en xuño deberá presentarse á proba de lectura en setembro. Para a proba extraordinaria de xuño xa cada alumna e alumno foi informado individualmente da súa situación a este respecto.
Bo verán!