LIÑAS DE COMENTARIO TEXTUAL
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS COMO PRODUCIÓN MEDIEVAL
Ortográficas:
· levóus / levou,
velida, amava (vacilación na escrita)
velida, amava (vacilación na escrita)
· lhi (representación co dígrafo lh do fonema lateral
palatal hoxe representado con ll)
palatal hoxe representado con ll)
· levous’a (apóstrofo
para marcar a elisión dunha vogal)
para marcar a elisión dunha vogal)
Fónicas:
· levous’a / louçana / passou (representación do sistema
fonolóxico medieval de seis sibilantes)
fonolóxico medieval de seis sibilantes)
· muit’ (hoxe forma dialectal)
Léxicas:
· louçana, fontana (arcaísmos)
Semánticas:
· cambio semántico: levous’a (sgdo. erguerse) / volvía a augua (sgdo. toldar)
CARACTERÍSTICAS COMO PRODUTO TEXTUAL
· texto literario (produto fragmentario – reprodución textual dun produto cultural oral e representado – conservado na escrita nos cancioneiros) – lírica – amatoria
CARACTERÍSTICAS ATENDENDO AO SIGNIFICADO
· lectura literal (unha moza vai lavar o cabelo na fonte, pasa por alí seu amigo, un cervo tolda a auga e ela está contenta) / lectura implícita (unha moza prepárase para o encontro sexual, preséntase o amigo e este consúmase, a muller fica gozosa)
·símbolos: lavar os cabelos (rito iniciático) – cervo (virilidade) – volver as augas (encontro sexual)
· voz lírica indeterminada, narrador omnisciente
·personaxes: voz lírica testemuña – a amiga – o amigo
· espazo: indeterminación topográfica, só unha fonte (lugar propio de encontro amoroso)
· xénero: c. de amigo (amigo, perspectiva da muller – C. da Vaticana ou C. da Biblioteca Nacional de Lisboa) / subxénero sen determinar
CARACTERÍSTICAS ATENDENDO AO ESTILO
·estrutura externa (6 cobras) / interna (3 partes marcadas polo paralelismo literal 2 a 2)
· paralelismo (capacidade mnemotécnica)
– paralelismo literal ou verbal (1, 2, 3) por inversión (alteración
sintáctica 4), por substitución por sinonimia (5)
sintáctica 4), por substitución por sinonimia (5)
– refrán (último verso de cada cobra 6) – c. de refrán
– leixaprén (indicado no texto 7)
· versos dodecasílabos con rima grave asonante (sitúa o poema preto do modelo primitivo imitador dun lirismo autóctono tradicional)
CONCLUSIÓN
· Produción literaria medieval
· Cantiga de amigo (produto singular da lírica galego-portuguesa)
· Pero Meogo (xograr galego – 9 cantigas de amigo)
·complexidade formal (baixo aparencia de
sinxeleza)
sinxeleza)