O horizonte das vacacións anima o afán lector e unha non sabe por onde comezar. Que está de moda na narrativa galega feita por mulleres? Hai un número suficiente de libros como para que se poida falar de tendencias ou modas?
Boto unha ollada polas webs de referencia e o resultado é esta lista de 9 títulos publicados en 2016 e que agardan que ti e mais eu lles botemos unha lida. Por certo, canto hai que buscar nas webs para dar coas mulleres!
Como aínda os teño sen ler ordenareinos alfabeticamente polo título. Clicando nos títulos accederás á información que puiden atopar sobre cada unha das obras. Felices lecturas!
Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva
A boca do monte de Celia Díaz Núñez
Catro cascarolos de Marilar Aleixandre
Corazón e demais tripas de Emma Pedreira Lombardía
Disparo de María Canosa Blanco
As horas roubadas de María Solar
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas
Se liches algún por que non nos contas que che pareceu?