Este é o primeiro vídeo do novo disco de Guadi Galego titulado O mundo está parado. O tema titúlase Cedeira e pretende ser unha homenaxe á súa comunidade de nacenza.
@guadigalego
Durante 10 anos formou parte do grupo Berrogüetto. Posteriormente gravou discos con Nordestinas, aCadaCanto e Espido.
O mundo está parado (2016) é o seu terceiro disco en solitario despois de Lúas de outubro e agosto (2014) e Benzón (2009).
Ten recibidos numerosos galardóns, o último é o Premio Martin Códax á Canción de Autor en 2016.
O mundo está parado inclúe 10 temas: 6 escritos por ela, 3 por Carlos Abal e 1 por Pachi García.
Nesta imaxe podes ver todo o que inclúe o paquete do disco por tan só 20 euros consegues, vinilo, fotografía e CD. Deste xeito quere facer unha chiscadela para fidelizar os seus seguidores. A fotografía está tirada da web Son de Pau publicada por Eloi e Pilar, unha páxina que che recomendo se queres descubrir o mundo da percusión tradicional galega.
De seguido podes ver a entrevista de Marta Gómez a Guadi Galego no Zigzag da TVG emitida o 2 de novembro de 2016.
TES UNHA CITA
Cando?
14 de decembro – Apunta esta data na túa axenda, tes o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo no que Guadi Galego vai presentar oficialmente o seu novo traballo.
Onde?
No Teatro Afundación de Vigo.
Con quen?
Con Guadi Galego mais os seus convidados: Abe Rábade (piano), Anxo Pintos (multiinstrumentista), Santi Cribeiro (acordeón), Anxo Angueira (escritor), Pablo Pascual (clarinetista), Sonia Lebedynski (voz) e Javier Ruibal.
______________________
Documentación empregada na que podes atopar máis información:
Entrevista de Marta Gómez a Guadi Galego no Zigzag da TVG
Entrevista de Monse Dopico a Guadi Galego en praza.gal
Entrevista no Diario de Ferrol
Noticia da saída do disco en Cultura Galega
Noticia da saída do disco en Fol Música
Boa tarde:
Grazas por facer referencia o noso artigo sobre o novo disco de Guadi Galego.
A túa mención tamén serviu para que chegáramos ata esta web.
Enhoraboa polo traballo, a verdade e que tes un montón de recursos ben interesantes.
Un saudo
Pilar
Moitísimas grazas.