1 – Busca tres noticias recentes (últimos tres meses) que teñan que ver coas redes sociais e que sexa positivas. Anota o titular e a fonte no teu caderno.
2 – Busca tres noticias recentes (últimos tres meses) que teñan que ver coas redes sociais e que sexan negativas. Anota o titular e a fonte no teu caderno.
3 – Se quixeses felicitar alguén por algo, que preferirías facelo en directo ou a través dunha rede social? Se quixeses amosar o teu enfado con alguén por algo, que preferirías facelo en directo ou a través dunha rede social?
Observa as túas respostas, son iguais nas dúas preguntas? En directo é a resposta nos dous casos? De non ser así, analiza por que cres que cambian?