Mantense a proba do día 15 que consistirá na construción dun texto escrito atendendo ás técnicas de elaboración de textos que fomos aprendendo ao longo do curso.
Debido ao axustado do calendario e á anulación dun novo exame de verbos, nesta proba incluirase como práctica de gramática unha pregunta de 2 puntos sobre verbos xa realizada no seu momento na que se aplicará a nota proporcional obtida no seu momento por cada alumna e alumno no exame de verbos. Isto significa que, se non hai unha decisión en sentido contrario, non ser realizarán máis probas de coñecemento dos verbos.
A parte correspondente á sociolingüística, debido á anulación da proba do día 13, se non hai unha decisión en sentido contrario, non se avaliará mediante proba senón a través das exposicións de grupo.
ESTRUTURA DA PROBA
1. Elaboración de esquema de ideas numerado: (2 puntos)
Bonificación
- 5 ideas ou máis (1 punto)
- Organización lóxica das ideas (1 punto)
Penalización
- Introdución e Conclusión (a súa ausencia no esquema ten penalización de nota, -1 punto).
2. Elaboración do texto: (6 puntos)
Bonificación
- Introdución (adianta contidos e non define) (1 punto)
- Conclusión (recompila as principais ideas do texto e formúlaas sen repetir as palabras do texto) (1 punto)
- Distribución de contidos (cada idea do esquema está desenvolta en cadanseu parágrafo ou parágrafos e non se repiten ao longo do texto) (1 punto)
- Pertinencia dos contidos (as ideas expresadas no texto están directamente relacionadas co tema proposto) (1 punto)
- Utilízase un vocabulario rico e variado que evita a repetición de palabras e/ou expresions. (1 punto)
- Utilízanse correctamente conectores variados (1 punto)
3. Verbos: (2 puntos)
Esta pregunta NON SE REALIZA NO MOMENTO DO EXAME, nela aplicarase a nota proporcional do control de verbos.
*No exame aplicaranse os criterios habituais de corrección (marxes, borranchos, faltas de ortografía) cunha penalización que non poderá superar os 2 puntos.
Profe, y los que no hicimos el examen de los verbos? Cómo hacemos?
Facedes só o texto.
En galego, Antonio!