1. Para as dúas materias, cubre o cuestionario que atoparás en aprofa.gal na pestana 1 ESO ou na pestana ITI. (http://aprofa.gal/2017/09/21/cuestionario-para-comezar/)
2. Nesta primeira semana deberás facer a seguinte TAREFA 1 de ITI:
2.1. Busca nos medios de comunicación 3 titulares que teñan un enfoque positivo, cópiaos no teu caderno e escribe os mesmos titulares dándolles ti un enfoque negativo. Despois busca 3 titulares que teñan un enfoque negativo, cópiaos no teu caderno e escribe os mesmos titulares dándolles ti un enfoque positivo.
3. Para Lingua Galega nesta primeira semana realizarás as seguintes actividades:
3.1. (TAREFA DE LINGUA 1) Copia e soletrea as seguintes palabras no teu caderno: radiotelegrafista, xinecoloxía, química, guepardo, dalgunhas, abella.
3.2. (TAREFA DE LINGUA 2) Realiza as seguintes accións con cada unha das seguintes palabras:
- Divide a palabra en sílabas.
- Indica a súa clasificación segundo a sílaba tónica (agudas, graves, esdrúxulas).
- Coloca o acento se fose preciso.
- Xustifica a aparición ou non de acento gráfico.
- Se hai ditongos, rodéaos.
- Se hai hiatos, sublíñaos.
Fíxate no exemplo:
COLLIA: co – llí – a; palabra grave; leva acento para marcar o hiato; non hai ditongos; hai un hiato collía.
COLLIA, ESTREITA, FIESTRA, CORREDOIRA, CONTAME, ZAPATO, ABRIR, ESBIRROU, PRACTICA, ROSEIRA, OUTRA, RUA
3.3. (TAREFA DE LINGUA 3) O libro de lectura obrigatoria no 1º Trimestre para a materia de Lingua Galega e Literatura vai ser:
REIMÓNDEZ, María: Corredora. Ed. Xerais. 2017.
Faite cun exemplar ao longo da vindeira semana e comeza a lelo. O primeiro día de clase de lingua da semana do 9 de outubro deberás vir á clase co teu exemplar para comezar a traballar coa obra na aula.
Prazos de lectura de obrigado cumprimento:
9 de outubro: lido ata a páx. 28.
16 de outubro: lido ata a páx. 46.
23 de outubro: lido ata a páx. 82.
30 de outubro: libro completo.
Por suposto que podes avanzar na lectura o que queiras, o que non podes é demorarte máis dos prazos sinalados.
No caso de haber dúas irmás ou dous irmáns na mesma familia só deberán traer á aula un exemplar da obra.