Porque ás veces tamén precisamos saír do dixital (para os vosos dispositivos recoméndovos Additio App que inclúe versión en galego) comparto a axenda que fixen para este curso académico, nela podedes atopar os seguintes documentos:

  1. Horario semanal
  2. Calendario curso completo coas conmemoracións anuais
  3. Calendario ollada rápida
  4. Notas ollada rápida
  5. Táboa de proxectos trimestrais
  6. Gráfica de bosquexo de proxecto
  7. Táboa de proxecto para editar
  8. Táboas de proxecto para cada trimestre
  9. Táboa mensual con distribución semana a semana de tarefas de proxecto
  10. Calendarios trimestrais con conmemoracións
  11. Planificador semanal
  12. Axenda semanal
  13. Táboa para reunións
  14. Táboa de datos do alumnado da titoría
  15. Orla de grupo de alumnado
  16. Táboa de entrevista da titoría
  17. Táboa de aniversarios da titoría
  18. Táboa Xunta de Avaliación
  19. Ficha de alumnado
  20. Táboa de faltas para cada trimestre
  21. Táboa de avaliación de rexistro de traballo de aula
  22. Táboa de avaliación de rexistro de lingua oral, lingua escrita, lectura e traballos.
  23. Lista de tarefas para xa
  24. Lista de tarefas para algún día
  25. Lista de boas ideas para o futuro
  26. Lista de malas prácticas para non repetir
  27. Táboa para ordenar asuntos
  28. Folla para apuntamentos

Axenda A Profa 17-18

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA