1. (Actividade en grupo) Unha fonte documental é o lugar de onde obtemos información. Procurade distintos tipos de fontes documentais e en grupo realizade un esquema en que aparezan clasificadas en:
- Fontes impresas
- Fontes audiovisuais
- Fontes dixitais
2. (Actividade individual) Investiga cales son as diferenzas entre un dicionario, un glosario e unha enciclopedia, anótaas no teu caderno e prepara as túas conclusións para explicalas na aula.
3. (Actividade en grupo) Realizade unha listaxe dos tipos de dicionarios que podemos atopar, indicade cales deles usastes nalgunha ocasión.
4. (Actividade en grupo) Procuramos pola casa, imos á biblioteca do instituto ou a unha biblioteca municipal e localizamos diferentes tipos de dicionarios e enciclopedias, quitámoslles unha fotografía á portada e outra fotografía a unha páxina que conteña entradas e enviámolas por correo ao enderezo pilarponte@iespobra.com (o prazo remata dous días antes da clase de ITI).
5. (Actividade en grupo) Á vista dos exemplos que procuramos, facemos un esquema das distintas partes que podemos atopar nunha entrada de dicionario e das que podemos atopar nunha entrada de enciclopedia. Enviamos os dous esquemas por correo ao enderezo pilarponte@iespobra.com (o prazo remata dous días antes da clase de ITI).