Proba 1 (léxico e gramática): léxico do corpo e preposicións (xa realizada).
Proba 2 (léxico e gramática)
Data da proba: 14 de novembro (1B e 1C) / 15 de novembro (1D)
Materia:
-
Que é o alfabeto? Cales son as letras do alfabeto galego. Indica cinco letras que coñezas que non pertenzan ao alfabeto galego pero que si usamos en palabras tomadas doutros idiomas.
-
Que é unha letra? Soletrea palabras dadas escribindo o nome de cada letra. Que é un dígrafo? Cales son os dígrafos do galego?
-
Indica os cinco elementos do acto comunicativo en situacións de comunicación dadas.
-
Que é un enunciado? Indica nun conxunto de secuencias lingüísticas cales son enunciados e cales non.
-
Indica nun conxunto de enunciados o seu tipo segundo a intención comunicativa.
-
Que é unha palabra? Que é unha frase? Que é unha oración? Que é un parágrafo? Que é un texto?
-
Realizar as seguintes accións con palabras como fixemos nas prácticas:
- Divide a palabra en sílabas.
- Indica a súa clasificación segundo a sílaba tónica (agudas, graves, esdrúxulas).
- Coloca o acento se fose preciso.
- Xustifica a aparición ou non de acento gráfico.
- Se hai ditongos, rodéaos.
- Se hai hiatos, sublíñaos.
Fíxate no exemplo: COLLIA: co – llí – a; palabra grave; leva acento para marcar o hiato; non hai ditongos; hai un hiato collía.
-
O xénero e o número. Saber indicar o xénero de palabras dadas. Saber formar o feminino e o plural de palabras dadas.
-
As preposicións.
-
Léxico: o corpo (menos os exercicios de fraseoloxía da man), o instituto, os animais e léxico visto na aula anotado no caderno.
Formas en que se pode preguntar o léxico:
-
Dada unha definición dar a palabra correcta.
-
Dada unha palabra, escribir un sinónimo ou un antónimo.
-
Escribir unha oración cunha palabra dada.
-
Escribir un campo semántico.
-
Escribir un texto no que se inclúan unhas palabras dadas.