De seguido detállase as actividades da Tarefa 6.
TAREFA DE LINGUA 6
6.1. Imos achegarnos ao léxico dos animais (pp. 44-45). Para iso imos facer os exercicios das páxinas 44 e 45.
No exercicio 1 copia no teu caderno o nome do animal en masculino e feminino e o nome da cría correspondente. Por exemplo: porco / porca – bacoriño ou leitón.
No exercicio 2 copia no teu caderno as parellas de animal e vivenda. Por exemplo: coello – tobeira.
No exercicio 3 copia no teu caderno as parellas de animal e son. Por exemplo: vaca – muar.
No exercicio 4 subliña os nomes dos animais.
No exercicio 5 copia no teu caderno as parellas de sinónimos. Por exemplo: porco bravo – xabaril.
No exercicio 6 indica o nome do insecto.
No exercicio 4 da páxina 52 formamos nomes de animais.
6.2. Seguimos practicando o xénero (páx. 49, ex. 2, 3).
6.3. Seguimos practicando o número (páx. 49, ex. 4).
O exercizo 8 da páxina 52 estaba na tarefa 5
Si, tes razón.