ITI Tarefa 6 (para realizar ao longo da semana do 6 de novembro – esta tarefa non require que os grupos se reúnan fóra do instituto, o labor de coordinación pódeno realizar en calquera recreo que consideren)

6.1. Recompilamos a información recollida ata o día da clase para realizar o noso traballo de grupo sobre os incendios e levámola á aula. (1D xoves 9 / 1C venres 10 / 1B luns 13).

6.2. Cada persoa do grupo realiza no seu caderno o que consideraría o índice ideal para o traballo do grupo, ese índice ten que ter un mínimo de cinco apartados.

6.3. Selección das noticias recompiladas nos informativos ao longo de dúas semanas.

  • Cada persoa do grupo ten que indicar no seu caderno que tres noticias das 20 que recompilou dos informativos lle parecen máis interesantes.
  • Cada grupo realizará unha listaxe das 10 noticias máis interesantes tendo en conta que teñen que recoller un mínimo de 2 noticias de cada persoa.
  • A gardiá de cada grupo escribirá nun folio o nome do grupo e as 10 noticias elixidas polo seu grupo.
  • Na clase unha persoa do grupo, elixida ao chou, terá que saber explicar unha das noticias da listaxe que escollerá a persoa gardiá doutro grupo da aula.

_______________

PENDENTES

Tarefa 4último prazo de entrega (1D xoves 9 de novembro / 1B e 1C venres 10 de novembro)

  • Dentro do cartafol do ordenador de aula chamado ITI cada grupo debe ter un cartafol propio co número do grupo.
  • Dentro do cartafol de grupo cada alumna ou alumno debe abrir un cartafol individual cos seus apelidos e nome (p.ex. PONTE MACEIRAS UXÍA).
  • Nese cartafol individual debe colocar todas as súas imaxes debidamente identificadas como se sinalaba na tarefa.

Tarefa 5 – Recórdase que para a tarefa 5 cada persoa ten que ter visto/escoitado un total de 10 informativos correspondentes ás semanas do 23 e do 30 de outubro e realizado o rexistro das noticias no seu caderno como se indica na entrada da Tarefa 5. Hai que facer só esas dúas semanas. Revisión da entrega (1B luns 6 de novembro / 1D xoves 9 de novembro / 1C venres 10 de novembro)

*** RECÓRDASE QUE ESTA MATERIA SE AVALÍA POR ENTREGAS E, POLO TANTO, O ALUMNADO QUE NON ENTREGUE EN FORMA E TEMPO AS TAREFAS NON TERÁ DEREITO AO APROBADO.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA