Velaquí tedes 4 xogos do Portal das Palabras con léxico da roupa.
Xogo 1: De gorros e sombreiros
Xogo 2: A voltas coa vestimenta
Xogo 3: Aprendendo a coser
Xogo 4: Roupa e complementos
1º Reto da roupa
Entre as catro persoas que formades o grupo, tedes que conseguir completar os 4 xogos cun 100% de acertos. Podedes xogar o número de veces que precisedes.
Cando consigades o 100% de acertos nun dos xogos, a persoa voceira deberá chamar á voceira doutro grupo para que o certifique mirando a pantalla e escribirá na vosa folla de seguimento “o número do xogo”, ao seu carón a palabra “superado” e a súa sinatura.
2º Reto da roupa
Na última sesión de clase da semana do 27 de novembro, 2 persoas de cada grupo deberán ser capaces de superar 1 xogo elixido pola profesora de entre os 4 que aparecen nesta entrada. Cada equipo só terá unha oportunidade para superar o xogo (admitirase un número máximo do 2 erros para conseguir o obxectivo).
[…] 7.3. Continuamos aprendendo e practicando léxico, agora ímolo facer xogando no Portal das Palabras coa actividade 7.3. A roupa – Retos do léxico da roupa. […]