Proba 3 (léxico e gramática)

Data da proba: 12 de decembro (1C) / 13 de decembro (1D) / 15 de decembro (1B)

Materia:

  1. Que é o alfabeto? Cales son as letras do alfabeto galego. Indica cinco letras que coñezas que non pertenzan ao alfabeto galego pero que si usamos en palabras tomadas doutros idiomas.

  2. Que é unha letra? Soletrea palabras dadas escribindo o nome de cada letra. Que é un dígrafo? Cales son os dígrafos do galego?

  3. Indica os cinco elementos do acto comunicativo en situacións de comunicación dadas.

  4. Que é un enunciado? Indica nun conxunto de secuencias lingüísticas cales son enunciados e cales non.

  5. Indica nun conxunto de enunciados o seu tipo segundo a intención comunicativa.

  6. Que é unha palabra? Que é unha frase? Que é unha oración? Que é un parágrafo? Que é un texto?

  7. Realizar as seguintes accións con palabras como fixemos nas prácticas:

    • Divide a palabra en sílabas.

    • Indica a súa clasificación segundo a sílaba tónica (agudas, graves, esdrúxulas).

    • Coloca o acento se fose preciso.

    • Xustifica a aparición ou non de acento gráfico.

    • Se hai ditongos, rodéaos.

    • Se hai hiatos, sublíñaos.

    Fíxate no exemplo: COLLIA: co – llí – a; palabra grave; leva acento para marcar o hiato; non hai ditongos; hai un hiato collía.

  8. O xénero e o número. Saber indicar o xénero de palabras dadas. Saber formar o feminino e o plural de palabras dadas.

  9. As preposicións.

  10. Identificación e clasificación de artigos, demostrativos, posesivos, indefinidos e numerais.

  11. Léxico: o corpo humano (menos os exercicios de fraseoloxía da man), o instituto, os animais, os oficios e as profesións, a vestimenta e léxico visto na aula anotado no caderno.

Formas en que se pode preguntar o léxico:

  • Dada unha definición indicar a palabra correcta.

  • Dada unha palabra, escribir un sinónimo ou un antónimo.

  • Escribir unha oración cunha palabra dada.

  • Escribir un campo semántico.

  • Escribir un texto no que se inclúan unhas palabras dadas.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA