Lembrade os requisitos para os monólogos:
- Lingua: galego
- Participación: individual ou en parella
- Duración: máxima 5 minutos / mínima 3 minutos (individual) e 4 minutos (parella)
- Non poden conter ningún tipo de contido ofensivo ou discriminatorio
Infografía monólogo humorístico (Clica para descargar o PDF)
CRITERIOS DE VALORACIÓN PARA OS MONÓLOGOS
Comunicación verbal:
- Entoación apropiada a cada momento da comunicación.
- Dicción correcta que permite unha boa comprensión.
- Volume alto sen berrar que permite unha audición satisfactoria.
Comunicación non verbal:
- Caracterización acorde coa situación comunicativa.
- Comportamento postural.
- Dominio da expresión facial e contacto visual.
O texto:
- Dominio memorístico do monólogo presentado.
- Enfoque do tema.
- Distribución da información.
Duración:
- Adecuación temporal ao tempo dispoñible.
OBSERVACIÓN: Serán eliminados os monólogos que conteñan calquera tipo de contido discriminatorio ou irrespectuoso.