Despois dunha andaina de seis anos cos 21 DÍAS CO GALEGO, estamos de felicitación.
Se no ano fai dous cursos recibimos o Premio á innovación educativa en normalización lingüística 2015 ao proxecto 21 días co galego, este vindeiro 8 de maio é nada máis e nada menos que a Real Academia Galega a que nos convida, xunto coa xente do colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, a un acto de recoñecemento público.
Parabéns a todos os rapaces e rapazas, ao profesorado e ás familias que coa vosa ilusión e dedicación fixestes posible este proxecto tan fermoso. E que siga a medrar!
Deixámosvos o vídeo realizado por Diego Pampín para ese encontro da RAG coa mocidade que participa nesta experiencia.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA