A) Nunha descrición dada saber indicar:
- Que se describe.
- Se se trata dunha descrición obxectiva ou dunha descrición subxectiva xustificándoo cos elementos propios de cada un destes tipos de descrición (páx. 99 libro de texto)
- Os elementos destacados.
- Os modificadores (palabra ou frase).
- Os adxectivos.
B) Realizar unha descrición.
XÉNEROS XORNALÍSTICOS
- Contidos da unidade didáctica.
- Dada unha páxina, analizar os diferentes elementos que atopamos nela.
RELACIÓNS SEMÁNTICAS
- Saber definir e poñer exemplos de: sinónimo, antónimo, hiperónimo, hipónimo.
- Dadas unhas palabras indicar sinónimos, antónimos, hiperónimos e hipónimos.
TEMA, IDEA PRINCIPAL, IDEAS SECUNDARIAS
- Saber identificar nun texto o tema, a idea principal e as ideas secundarias.
- Saber facer o esquema de ideas dun texto.
LÉXICO EN CONTEXTOS DE USO
- Inventar dúas oracións con dúas palabras dadas que cumpra os seguintes requisitos: máis de dez palabras sen contar preposicións nin determinantes, que se deduza o significado da palabra e que poida aparecer nun xornal.
- Inventar un texto de mínimo dez liñas no que aparezan catro palabras dadas, que sexa coherente e poida aparecer nun xornal.