TAREFA DE LINGUA 1
1. Copia e soletrea as seguintes palabras no teu caderno: radiotelegrafista, xinecoloxía, química, guepardo, dalgunhas, abella.
2. Realiza as seguintes accións con cada unha das seguintes palabras:
- Divide a palabra en sílabas.
- Indica a súa clasificación segundo a sílaba tónica (agudas, graves, esdrúxulas).
- Coloca o acento se fose preciso.
- Xustifica a aparición ou non de acento gráfico.
- Se hai ditongos, rodéaos.
- Se hai hiatos, sublíñaos.
Fíxate no exemplo:
COLLIA: co – llí – a; palabra grave; leva acento para marcar o hiato; non hai ditongos; hai un hiato collía.
COLLIA, ESTREITA, FIESTRA, CORREDOIRA, CONTAME, ZAPATO, ABRIR, ESBIRROU, PRACTICA, ROSEIRA, OUTRA, RUA
[…] Tarefa 1: 1 e 2 […]