- Palabra do ano 2018 – Dende o Portal das Palabras convídannos a participar na elección da Palabra do Ano 2018, ata as 23:59 horas do domingo 16 de decembro estará aberto o prazo de recepción de propostas. Anímate a participar!
- Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego 2018 – Nel podes atopar as propostas de agasallo que envían algunhas das empresas deste proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística, ademais de información sobre o propio proxecto e as empresas que o compoñen
- Estereotipos e prexuízos lingüísticos (por Aldara Fernández) dende o blog Bico da Ría do EDLG do IES Félix Muriel de Rianxo. Interesante análise de Aldara Fernández.
- Filmoterapia – Co que me gusta o cine non podo entender como non coñecía aínda este magnífico blog que aúna cine, coaching e psicoloxía. O blog está asociado á consulta de psicoloxía de Hodgson & Burque | Psicólogos Coruña. Ofrece moito material pero ademais está moi ben etiquetado o que permite a localización rápida e sinxela dos contidos. As citas ordenadas por filme e ano xa son para morrer. Só lle falta unha cousa para ser perfecta, ter versión en galego.
-
Ugía Pedreira presenta ‘A comuna del barruzo’ – A través dos destacados do Diario Cultural chéganos noticia da nova proposta musical de Ugía Pedreira que ofrece dez temas onde se achega ao galego-asturiano.
- Monemática – Pivonauta ofrécenos no seu blog Deitar a lingua a pascer ~ Pensemos, que ainda é de graça, unha entrada moi completa que compila tipos de monemas, formación de palabras, etc.