Rapazas de Agustín Fernández Paz
Este é o libro que nos vai acompañar no segundo trimestre.
![](http://aprofa.gal/wp-content/uploads/2018/12/XG00062301.jpg)
Presentación editorial
As protagonistas dos sete relatos que integran este volume son rapazas que se encontran nesa etapa en que se abandona a infancia e comeza a adolescencia. Mozas nunha idade difícil, enfrontadas por vez primeira á complexidade da vida, e cuxos problemas e vivencias cotiás aparecen reflectidos con gran autenticidade, nunhas historias que sorprenden, intrigan e emocionan. Os relatos percorren diferentes xéneros narrativos: desde a ciencia ficción ao misterio, pasando por historias de corte realista… Escrito nunha prosa clara e directa, é un libro de lectura moi amena, que contén ademais interesantes puntos de vista sobre temas como o feminismo ou o racismo.
Recomendación lectora de Rapazas a cargo de Sara Bao, Anxo Gómez e María José Miranda do IES de Carral para o proxecto Lendo a Agustín Fernández Paz.
Para acceder á ficha desta obra na páxina web de Agustín Fernández Paz clica aquí.
Os prazos de lectura atenta serán os seguintes:
- Lido ata a páxina 46 incluída – mércores 23 de xaneiro
- Lido ata a páxina 92 incluída – mércores 6 de febreiro
- Lido o libro completo – mércores 20 de febreiro