Gustaríame comezar este 2019 na Profa compartindo unha videocreación propia realizada a partir das fotografías dunha das experiencias máis intensas que vivín en 2018. Trátase da visita en agosto á exposición no Museo de Belas Artes de Bilbao. Espero que vos guste e que tamén poida ser aproveitada nas aulas para ver dun xeito moi diferente O xardín das delicias.
“Jardín infinito” é unha videoinstalación creada con imaxes da obra do Bosco “O xardín das delicias” polo artista Álvaro Perdices e o cineasta Andrés Sanz na que se crea unha atmosfera inmersiva que permite vivir a pintura dende o seu interior. *A obra presenta unha composición musical orixinal (que non é a que se escoita neste vídeo). “No time”, banda sonora deste vídeo, é unha composición orixinal de Mattia Vlad Morleo que se pode atopar en jamendo.com Montaxe en vídeo de fotografías da exposición realizada por Pilar Ponte con finalidade didáctica en 2018.